A conservación do patrimonio santiagués foi sempre un dos intereses prioritarios da acción cultural do Consorcio de Santiago. Consciente da importancia capital que ten o coidado do noso legado artístico, de modo que as xeracións futuras poidan tamén gozar del, o Consorcio de Santiago implícase nesta labor emprendendo accións obxectivas de restauración, conservación e investigación do patrimonio arquitectónico, artístico e arqueolóxico da cidade. Cada ano o Consorcio establece un Programa de Monumentos coa planificación dos proxectos de conservación en diferentes edificios e ámbitos monumentais da cidade e arredores.