Programa "A pedra que pisas"
No marco deste programa, ao longo de 2020 actuouse no lousado de 34 rúas e prazas diferentes, cun total de 66 intervencións e un investimento global de 43.472,57 euros. Un equipo de canteiros dedícase ademais de maneira exclusiva a reparar de forma inmediata calquera situación de risco para os viandantes.
Consolidación dun muro na Selva Negra
Levouse a cabo a consolidación do muro sur do parque forestal da coñecida como Selva Negra, unha zona verde situada no monte Pedroso, propiedade do Consorcio de Santiago e xestionada polo Concello. O muro presentaba risco inminente de desprendemento sobre a estrada DP-7803 Santiago-Figueiras.