Formación

O Consorcio de Santiago, por medio dos seus diferentes departamentos, impulsa iniciativas de formación, encamiñadas a colaborar no ensino e estudo de Santiago, do fenómeno xacobeo e da conservación do patrimonio na cidade. Para iso convoca e formaliza accións de colaboración con outras entidades e institucións.



Máster de Renovación Urbana y Rehabilitación

Dende 1997 o Consorcio de Santiago impulsa estudos universitarios relacionados co ámbito da rehabilitación e conservación do patrimonio. Inicialmente coa aula de Rehabilitación e, dende 2005, co Master en Renovación Urbana e Rehabilitación, título propio da Universidade de Santiago de Compostela, que nas súas sete edicións formou máis de 300 técnicos de diversas especialidades. Os alumnos realizan as súas prácticas no Consorcio, formando parte dos proxectos da súa Oficina Técnica.

 

Máis información


Prácticas da USC

En virtude dun convenio de colaboración asinado en 2013, o Consorcio de Santiago permite que 5 alumnos da facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago realicen prácticas durante un mes na propia sede do organismo. Trátase de que poidan coñecer de primeira man o traballo que se desenvolve en relación ao estudo da Cidade Histórica de Santiago, colaborando nos distintos departamentos do Consorcio. Este programa de formación está dirixido a alumnos de Historia, Arte e Xeografía.

 

Máis información

 

Fundación Laboral da Construción

Dende 2007 o Consorcio de Santiago e a Fundación Laboral da Construción en Galicia colaboran na formación de futuros profesionais do ámbito da rehabilitación e a conservación patrimonial. Neste sentido, o Consorcio acolle alumnos en prácticas do Curso de Xestión e Mantemento de Inmobles, Curso de Proxectos de Carpintaría e Mobles e Especialidade de Levantamentos e Replanteos.

 

Máis información

 

Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Dende 2012, o Consorcio de Santiago colabora na formación de alumnos do Centro Educativo IES As Fontiñas, de Santiago, na especialidade de Desenvolvemento de Proxectos Urbanísticos e Operacións Topográficas e na especialidade de Proxectos de Edificación.

 

Máis información

 

Universidade da Coruña

O Consorcio de Santiago colabora coa Escola de Arquitectura Técnica da Universidade da Coruña, acollendo alumnos do máster en Tecnoloxías da Edificación Sustentable.

 

Máis información

 

Universidade de Vigo

O Consorcio de Santiago ofrece prácticas aos alumnos do máster en Tecnoloxías para a Proteción do Patrimonio Cultural Inmoble, da Universidade de Vigo.

 

Máis información

 

Universidade de Alcalá de Henares

O Consorcio de Santiago colabora coa Universidade de Alcalá de Henares, ofrecendo a posibilidade de realizar prácticas aos alumnos do máster Proxecto Avanzado de Arquitectura e Cidade.

 

Máis información

 

Universidad de Middlesex (Londres)

Realización de prácticas para os alumnos do curso 2012/2013.

 

Máis información

 

    


Obradoiro sobre a planificación do uso público en Sitios Patrimonio Mundial

O Consorcio de Santiago e Turismo de Compostela promoveron o obradoiro “Planificación de uso público para Sitios Patrimonio Mundial en tempos de crise”. A xornada celebrouse o 22 de marzo na sede da Fundación Torrente Ballester, en Santiago de Compostela.


Vídeo do obradoiro (1)
Vídeo do obradoiro (2)


Máis información