Calzada de Sar
Proxecto: restauración e reurbanización do vial
Intervención: O Consorcio de Santiago desenvolveu o proxecto de restauración integral da Calzada de Sar, recuperando a antiga vía medieval e renovando os espazos adxacentes, coa inclusión de novas zonas verdes e mellorando o acceso ás vivendas.
Cuaderno técnico da Restauración da Calzada Real de Sar
Brañas de Sar
Proyecto: redacción do Plan Especial
Intervención: O Consorcio de Santiago impulsou a redacción do plan especial das Brañas de Sar, previo ao proceso de expropiación das máis de 33 hectáreas que conformarán o futuro parque. Permitirá non soamente a integración urbana da Cidade da Cultura senón tamén a creación dun gran parque recreativo que combine o mantemento do espazo natural coa introdución de usos singulares de calidade, usos deportivos extensivos ao aire libro e usos universitarios mixtos.
Parque da Alameda
Proxecto: renovación de iluminación
Intervención: renovación de instalacións eléctricas e de iluminación pública, que supuxo un avance no rendemento enerxético, adecuándoo ao cumprimento da normativa de aplicación en materia de aforro enerxético e contaminación lumínica. Procedeuse á substitución dos vellos farois de formigón por equipos de alta eficiencia e rendemento lumínico, con sistema óptico e fotometría avanzada.
Parque de Belvís
Proxecto: acondicionamento de espazos verdes
Intervención: A finais de 2007 terminouse o acondicionamento do Parque de Belvís, o que requiriu a limpeza e roza dalgunhas zonas, a instalación de iluminación, plantación de herba, árbores e arbustos, así como a estabilización de terras, entre outras actuacións. Creouse así un novo espazo verde na cidade, de 80.000 metros cadrados, vinculado ao Centro histórico.
Rúa de Sar
Proxecto: reurbanización
Intervención: renovación do firme mediante a utilización de formigón negro, encintado en pedra, e as beirarrúas de granito. Ademais, peonalizouse un espazo comprendido entre a Avenida de Lugo e a rúa de Sar.
Rúa Valle Inclán
Proxecto: reurbanización
Intervención: reurbanización da rúa, coa renovación do pavimento e instalacións, ampliación de beirarrúas e solución do entroncamento coa rúa Caramoniña, así como a colocación de árbores e do novo mobiliario urbano. Tamén se procedeu ao acabado do xardín de San Roque. Con esta actuación realizáronse novas instalacións de abastecemento, saneamento, electricidade, telecomunicacións, gas e iluminación, así como a execución da nova calzada no tramo dende San Roque até o Centro Galego de Arte Contemporánea.
Rúa das Rodas
Proxecto: reurbanización
Intervención: realización do proxecto modificado de reurbanización atendendo ás distintas infraestruturas de saneamento, abastecemento de auga, comunicacións e canalización de semáforos. En canto á pavimentación da calzada, incorporouse un novo pavimento de formigón tintado.