Convento de Santa Clara
Proxecto: rehabilitación no muro occidental.
Intervención: restauración de rexuntados e barros de asento, que presentaban un estado moi deficiente, debido á humidade e que ameazaba desprendementos.
Igrexa de Santa María de Sar
Proxecto: substitución do peldañeado de acceso.
Intervención: modificación da xeometría do peldañeado de acceso á igrexa, para mellorar a accesibilidade das persoas.
Igrexa de San Pedro
Proxecto: traballos de conservación.
Intervención: labores de mantemento nos muros da igrexa, con renovación dos revocos de cal nas paredes exteriores, que presentaban un estado moi deficiente, con manchas de humidade e desprendementos. Tamén se substituíu a porta de entrada por unha nova, realizada tamén en madeira de castiñeiro.
Igrexa de San Bieito do Campo
Proxecto: digitalización de las pinturas murales de la bóveda de la cabecera
Intervención: traballo de documentación e levantamento dixital das pinturas da bóveda da cabeceira da igrexa de San Bieito do Campo, recentemente restauradas.