CONVOCATORIA DE AXUDAS ”LOCAIS COVID 2020”, destinadas á adecuación dos locais da cidade histórica de Santiago de Compostela relacionada coa recuperación económica trala COVID-19, publicada no BOE nº 229 do 26 de agosto de 2020.
O Consorcio de Santiago convoca axudas destinadas á rehabilitación dos locais comerciais da cidade histórica de Santiago de Compostela, co fin de apoiar ao comercio na súa adaptación ás esixencias da nova normalidade, mellorando a accesibilidade e a eficiencia enerxética dos locais, a súa imaxe exterior e o seu acondicionamento interior, o seu acondicionamento acústico, xunto á instalación das medidas de protección necesarias contra a COVID-19.
Que se subvenciona?
-Obras de mellora da accesibilidade: accesos e itinerarios, mobiliario de atención ao público, aseos
adaptados e outras instalacións e accesibilidade sensorial.
-Obras de redución do consumo enerxético: mellora da eficiencia enerxética das instalacións de
iluminación, electricidade e acondicionamento de aire.
-Obras de mellora da imaxe externa: rótulos, carteis publicitarios, carpinterías de ocos exteriores,
escaparates, peches de madeira ou metálicos de protección de escaparates e accesos ao local, acabados
de fachada, reforma de ocos de fachada e vestíbulos de acceso.
-Obras de mellora do interior: pavimentos, carpinterías e acabados e outras instalacións.
-Obras de acondicionamento acústico.
-Honorarios de redacción do proxecto e dirección técnica da obra.
-Instalación de medidas de protección contra a COVID-19 como mamparas, dispensadores fixos de
xel hidroalcólico, hixienizadores, cámaras termográficas, unidades purificadoras de aire que incorporen
filtros HEPA, sistemas de medición de aforo, etc. e ata servizos profesionais relacionados con estas.
Beneficiarios
Os seus usuarios legais dos locais, sexan persoas físicas ou xurídicas, e actúen como propietarios, arrendatarios ou que ostenten algún dereito de uso sobre eles.
Requisitos dos locais
-Localizarse no ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica (PE.1).
-Ter condicións suficientes de seguranza estrutural e estanquidade fronte á chuvia.
-O edificio deberá ter unha antigüidade superior a 20 anos.
-O local deberá destinarse preferentemente a algún dos epígrafes do Imposto de Actividades Económicas –IAE- subvencionables.
Contía da subvención
80% do orzamento aceptado. O presuposto mínimo subvencionable será de 600 € e o máximo de 5.000 €.
Documentación técnica
O Consorcio de Santiago ofrece aos solicitantes a redacción da documentación técnica no caso de obras de pequena entidade.
Prazo
O prazo para solicitar estas axudas remata o luns 28 de setembro de 2020, ás 14.00 horas no Rexistro do Consorcio de Santiago (Rúa do Vilar, 59 / tel. 981 57 47 00) ou por calquera dos medios admitidos na Lei de Réxime Xurídico e Procedemento Administrativo Común, facendo chegar ao Consorcio por fax (981 57 47 50) ou por correo electrónico (gerencia@consorciodesantiago.org) o mesmo día da presentación o resgardo da solicitude.
AXUDAS LOCAIS COVID-19 (2020)