Actuacións de 2017

Programa "A pedra que pisas"


No marco deste programa, ao longo de 2017 actuouse no lousado de 28 rúas e prazas diferentes, cun total de 159 intervencións e un investimento global de 100.954,19 euros. Creouse un equipo de canteiros, dedicado de maneira exclusiva a reparar de forma inmediata calquera situación de risco para os viandantes.


                                                   



Eliminación do banzo no lousado de acceso peonil á rúa San Francisco


No acceso á rúa San Francisco desde o mosteiro e igrexa de San Francisco realizáronse hai uns anos unhas obras de adecuación de rasantes que deixaron un bordo illado no que se producían frecuentemente tropezóns dos peóns. Así, a Oficina Técnica do Consorcio, por petición do Concello de Santiago, levou a cabo as obras necesarias para recuperar a rasante orixinal da rúa San Francisco, eliminando o banzo e as dúas ramplas que daban acceso á beirarrúa peonil elevada desta rúa, simplemente alterando a rasante e reutilizando todas as lousas.