Programa de mantemento de lousados
O Consorcio de Santiago xestiona o servizo de reparación, mantemento e conservación dos pavimentos do recinto intramuros da cidade histórica a través do programa “A pedra que pisas”.
Aínda que o programa está vencellado con estratexias innovadoras de mantemento estable e preventivo de espazos públicos urbanos monumentais, o seu obxectivo prioritario é garantir a seguridade dos peóns e cidadáns en xeral que se moven a pé neste ámbito. Con tal motivo e reforzando as actuacións de anos anteriores, creouse unha cuadrilla ou equipo de canteiros que se dedica de maneira exclusiva a reparar con inmediatez calquera situación de risco para os peóns.
No marco deste programa, ao longo de 2015 actuouse no lousado de 18 rúas e prazas diferentes, cun total de 135 intervencións e un invetimento global de 103.854,01 euros.
Os cidadáns poden enviar ao Consorcio fotografías ou comunicacións por escrito respecto á deterioración do empedrado, ao enderezo apedraquepisas@consorciodesantiago.org.