La exposición “Memoria de Compostela” de la Casa del Cabildo finaliza el próximo 7 de abril

Viernes, 5 Abril, 2013

A exposición Memoria de Compostela, que acolle o edificio da Casa do Cabildo, pecha este domingo 7 de abril as súas portas para dar paso a novas mostras. Con esta exposición, o Consorcio de Santiago invitaba ao visitante a realizar un singular percorrido pola historia de Santiago a partir de vellas fotografías e dos primeiros rótulos que conformaron o rueiro da cidade e que se gardan no depósito do Concello. A partir do próximo luns procederase á desmontaxe e o material será cedido temporalmente aos Centros Socioculturais da cidade, para seren expostos nas súas sedes.


Posteriormente, o equipo do Consorcio de Santiago procederá á montaxe dunha nova mostra na Casa do Cabildo, que lembrará a importancia da Real Sociedade Económica de Amigos do País da Cidade de Santiago na modernización da cidade e o seu papel na organización da Exposición Rexional de 1858, da que se cumpren 155 anos. Está previsto que a nova exposición se inaugure en 10 días.