Visita a Norvento e Impulso Verde en Lugo

mércores, 10 Novembro, 2021

O Curso Superior de Xestores de Obras de Rehabilitación (CEGOR), que promove o Consorcio de Santiago e a Fundación Laboral da Construción nas instalacións da antiga Curtiduría de Pontepedriña de Arriba, rematará a súa edición 2021 o vindeiro 15 de novembro. Os 25 profesionais que seguiron as súas 300 horas lectivas, impartidas por máis de 40 profesionais especialistas, entregarán os seus traballos fin de curso.

 

Con este motivo realizouse a última práctica de desprazamento de estudo a Lugo, para visitar a sede de Norvento e o edificio Impulso Verde, que se enmarca na iniciativa LIFE que desenvolve o Concello de Lugo. Debido ao interese destas visitas, incorporáronse os técnicos da Oficina Técnica do Consorcio de Santiago.