Resoltos os procesos de selección do "Programa de primera experiencia profesional en las administraciones públicas"

xoves, 27 Outubro, 2022

O Consorcio de Santiago vén de resolver a maioría de procesos de selección das sete ofertas de emprego dentro do "Programa de primera experiencia profesional en las administraciones públicas", de contratación de persoas novas desempregadas.

 

As persoas seleccionadas son as que teñen DNI:

1 arquitecto/a técnico: 21XXXX15D

1 xeógrafo/a: 49XXXX15S

1 enxeñeiro/a industrial: 53XXXX40G

1 graduado en Dereito: X7XXX75G

1 graduado/a superior en Música: 35XXXX97T

 

No caso da praza de enxeñeiro/a agrónomo/a, xa hai unha persoa preseleccionada, que se incorporará a comezos de decembro. 

Por outra banda, o proceso de selección para unha persoa graduada en Economía ou ADE continúa aberto.

 

Estas prazas, que terán unha duración dun ano, ofértanse a persoas desempregadas menores de 30 anos que completaran a súa etapa formativa e acreditaron os coñecementos precisos. Estas ofertas fanse grazas ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Servizo de Emprego Público Español (SEPE) e financiado polos fondos Next Generation da Unión Europea.