Premio Antón Losada Diéguez para un libro coeditado polo Consorcio

luns, 24 Xuño, 2019

O fotohistoriador Carlos Castelao recibiu o Premio Antón Losada Diéguez na sección de “investigación e ensaio” polo seu libro As orixes da fotografía en Galicia. Estudios composteláns do XIX”. A obra está coeditada polo Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora.

 

É o traballo máis completo que se coñece sobre a fotografía dunha cidade galega nun período concreto, con máis de 350 imaxes, moitas delas inéditas.