O Consorcio de Santiago conmemorará esta fin de semana o Día Internacional do Libro coa entrega de balde de publicacións coeditadas polo propio Consorcio a todas as persoas que visiten a Casa do Cabido (na Praza de Praterías) o sábado 22 e o domingo 23 de abril.
Esta iniciativa, que se levaba a cabo cada 23 de abril, non puido celebrarse nos últimos anos debido á pandemia da Covid-19 e agora retomarase unha vez levantadas as restricións sanitarias.
Os exemplares que se porán a disposición dos visitantes están relacionados coa Literatura, a Arte e a Historia en Compostela, pertencentes ás diferentes bibliotecas do Consorcio.
Neste momento, ademais, na Casa do Cabido pode visitarse a exposición 'Historias de Radio Galicia. 90 anos contigo' que recolle a historia da emisora compostelá desde a súa apertura en 1933. Esta mostra estará dispoñible para o público ata o vindeiro domingo 7 de maio.
O horario de apertura é de 10h a 14h e 17h a 21h o sábado e de 11h a 14h o domingo.