O Consorcio de Santiago conmemorará este mércores o Día das Letras Galegas que este ano homenaxea a Francisco Fernández del Riego coa entrega de balde de publicacións coeditadas polo Consorcio a todas as persoas que visiten a Casa do Cabido (na Praza de Praterías) o mércores 17 de maio.
Os exemplares que se porán a disposición dos visitantes están relacionados coa Literatura, a Arte e a Historia en Santiago, pertencentes ás diferentes bibliotecas do Consorcio, e escritos en lingua galega.
Neste momento, ademais, na Casa do Cabido pode visitarse a exposición 'Mirar a cidade. Unha visión poliédrica', unha mirada persoal de Compostela do fotógrafo Fuco Reyes.
O horario de apertura este día 17 é de 10h a 14h e 17h a 21h.