O Consorcio de Santiago celebrou esta mañá a súa Comisión Executiva, presidida polo alcalde da cidade e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega. No transcurso da xuntanza aprobáronse asuntos de xestión orzamentaria e avanzouse na tramitación de diversos convenios relacionados coa exposición do legado do pintor Carlos Maside, a elaboración do Plan Especial de Conxo e a colaboración con Afundación para unha exposición relativa á “imaxe nas Festas do Apóstolo”. Así mesmo, tomáronse decisións ligadas á posta en marcha da administración dixital do Consorcio e á protección de datos.
O desenvolvemento da reunión viuse alterado ao coñecérense as agresións realizadas en distintos puntos das referencias patrimoniais da cidade, circunstancia que todos os asistentes reprobaron enerxicamente.