Exposición na Casa do Cabido de debuxos de Santiago realizados por Andrés Freire

mércores, 15 Maio, 2019

A Casa do Cabido acolle a exposición ”Compostela monumental”, que reúne debuxos da cidade histórica de Santiago realizados polo militar Andrés Freire Conde, artista autodidacta que comeza a debuxar e a pintar dende moi novo e aos seus 91 anos segue a manter a súa paixón pola pintura.

 

Andrés Freire Conde naceu na Base Naval da Graña, en Ferrol, no ano 1927. É Tenente Xeral de Artillería retirado, diplomado en Estado Maior e licenciado en Dereito. Desenvolveu unha importante carreira militar. O seu primeiro destino como tenente foi no Rexemento de Artillería número 28 de Santiago de Compostela, no cuartel que na actualidade é a sede do Parlamento de Galicia, e estudou Dereito na Universidade de Santiago, de aí a súa forte vinculación coa cidade.

 

A súa verdadeira vocación é a pintura, á que se dedicou toda a súa vida, en especial na súa última etapa militar como Capitán Xeral de Levante, recibindo premios moi relevantes, entre eles a Medalla da Real Academia de Bellas Artes de San Carlos de Valencia. É un recoñecido pintor e acuarelista, realizando as súas obras sempre do natural. Durante a súa carreira militar fixo numerosas exposicións, tanto en Galicia como noutras cidades españolas, retratando os lugares nos que residía ou aos que viaxaba.

 

A paixón do artista por Santiago

 

“Compostela monumental” son un total de 36 debuxos de gran tamaño (45 x 67 cm) realizados con Flomaster que amosan a arquitectura de Santiago, con comentarios do artista a cada unha das obras. Ademais, hai catro expositores nos que se recolle a súa traxectoria. Esta mostra xa se expuxo no ano 1993 no Pazo de Fonseca e tamén na Casa de Galicia en Madrid. No catálogo daquela exposición o escritor Xosé Filgueira Valverde salientaba que era “a obra dun artista que fai vibrar, sorrir, conversar esas vellas pedras que agardan sempre a man que lles dea nova vida”.

 

O artista séntese deslumbrado pola vella capital xacobea. Unha mañá algo o leva ao Pórtico da Gloria. “Una luz indefinida, juguetona, acariciadora, envolvía los grupos de apóstoles y profetas, que hacía sus túnicas naturales y sus gestos humanos y vivos… Escuchaba la música de los ancianos, me hablaban, como llamándome los profetas… Viví un momento mágico y me puse a pintar” -lembra-.

 

Na busca da simplicidade

 

Andrés Freire manifesta que “en el dibujo, como en cualquier rama del arte, la simplicidad es fundamental.  No se trata de atiborrar el papel de rayas. Hay que conseguir el equilibrio en lo sencillo. Resolver cosas a veces complicadas, con poquísimos trazos. Por ejemplo: el Pórtico de la Gloria tan lleno de santiños; la fachada de Platerías con aquel juego y composición tan maravillosa de arcadas, columnas, santiños adosados…; o la fachada del Hostal de los Reyes Católicos, tan compleja, con larguísimas balconadas, escudos, gárgolas, una gran cadena labrada, una auténtica maravilla en piedra. Y todo con poquísimos trazos, los necesarios y suficientes para que aquello que brota del papel, como un milagro, esté vivo, te produzca emoción y no te deje insensible”.

 

Para o artista “estos dibujos son pura nostalgia y fruto del deseo de hacer míos, de una vez y para siempre, aquellas calles, plazas y rincones monumentales en los que fui feliz y donde nació y viví el amor de mi vida. Compostela es así, como la veis aquí y así es como la viví y llevo en el fondo de mi alma: como una pura e indescriptible vibración. Me alegraré si con ella disfrutáis tanto como cuando yo la realizaba”.

 

A mostra permanecerá na Casa do Cabido ata o mes de xullo

 

A exposición permanecerá na Casa do Cabido ata o vindeiro mes de xullo. Poderá visitarse de martes a sábado de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas, e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns a Casa do Cabido está pechada ao público.