A Comisión Executiva do Consorcio de Santiago avanzou nas grandes cifras e nas liñas xerais dos orzamentos do ano 2023

mércores, 26 Outubro, 2022

A Comisión Executiva do Consorcio de Santiago reuniuse este mércores na sede do Consorcio para tratar as liñas xerais e as grandes cifras dos orzamentos 2023 da institución interadministrativa.

 

Así mesmo, nesta xuntanza, aprobouse o plan de aforro enerxético e de teletraballo do persoal do Consorcio, ademais doutros asuntos de trámite tales como modificacións orzamentarias.

 

Á reunión, que estivo presidida polo alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiron o inspector xeral do Ministerio de Facenda e Función Pública, Ángel Esteban; o director xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, así como os voceiros dos distintos grupos municipais.