Axudas para o mantemento dos edificios da cidade histórica (prazo: 25 marzo)

luns, 18 Marzo, 2019

O Consorcio de Santiago ten en marcha unha nova convocatoria do programa “Ter é manter”, dirixido ao mantemento e mellora da eficiencia enerxética da envolvente exterior dos edificios da cidade histórica de Santiago, por un importe global de 150.000 euros. Esta subvención abrangue as fachadas exteriores ou patios interiores, cubertas, canlóns e baixantes, carpinterías e galerías de madeira, portas de entrada aos edificios e reixerías dos inmobles situados no ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica.O prazo para solicitar estas axudas remata o vindeiro 25 de marzo.

 

Máis información