O Consorcio de Santiago ten en marcha unha nova convocatoria do programa “Terémanter”, dirixido á rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas e ao matemento da envolvente exterior dos inmobles da Cidade Histórica de Santiago, por un importe global de 600.000 euros -o dobre da cantidade da convocatoria de 2020-.
Esta subvención abrangue a restauración ou reposición dos elementos especiais e de interese arquitectónico de madeira como galerías, ventás e portas de entrada aos edificios; restauración de reixas; mantemento de elementos da envolvente exterior como fachadas exteriores ou patios interiores e cubertas; mellora da eficiencia enerxética e do illamento acústico do edificio; así como a consolidación ou reposición das estruturas tradicionais de madeira.
O prazo para solicitar estas axudas, que inclúen os honorarios profesionais dos arquitectos, remata o vindeiro 21 de febreiro.