O Consorcio de Santiago celebrou este martes na súa sede do Pazo de Vaamonde unha reunión ordinaria da súa Comisión Executiva.
Na xuntanza aprobáronse diversos asuntos de trámite entre os que destaca a aprobación de propostas do Departamento de Estudos Históricos e Publicacións como son a da realización do documental "El sueño que cura" referente ao Museo Nacional de Anestesia ou o proxecto de documentación fotográfica 'Compostela extramuros', do fotógrafo Fuco Reyes.
A reunión estivo presidida por Goretti Sanmartín, alcaldesa da cidade e presidenta do Consorcio, e contou coa presenza de Ángel Esteban Paúl, inspector xeral do Ministerio de Facenda e Función Pública, en representación da Administración Xeral do Estado; Anxo Lorenzo, director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, en representación da administración autonómica, así como os voceiros da corporación municipal.