O Concello de Santiago promoveu a restauración das fontes do Toural e de Cervantes, ambas as dúas danadas polos vehículos de repartición de mercadorías en senllos accidentes. O proceso realizouse con proxecto e dirección técnica da Oficina Técnica do Consorcio de Santiago.